CONVOCATORIA DE ADMISIÓN E MATRÍCULA NOS ESTUDOS DE DOUTORAMENTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC), CURSO 2015/2016 En aplicación do que está disposto nos artigos 34.1 e 36.1 dos Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto da Xunta de Galicia 101/2004, do 13 de maio, modificado polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro; no Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento; e de acordo co Regulamento de estudos de doutoramento aprobado polo Consello de Goberno do 17/07/2012 e as modificacións introducidas polo Consello de Goberno do 23 de abril e 24 de setembro do 2013, e do 27 de febreiro e do 27 de maio de 2014, e do 22 de xullo de 2015. RESOLVO publicar a convocatoria de admisión e matrícula nos estudos de doutoramento para o curso 2015/2016: ARTIGO 1. ÁMBITO DE APLICACIÓN Alumnos/as de inicio: A presente convocatoria abrangue a todo o alumnado que inicie os seus estudos de doutoramento no presente curso académico ao abeiro do Real Decreto 99/2011. Alumnos/as de continuación: A presente convocatoria abrangue a todo o alumnado de continuación de estudos de doutoramento que realicen estudos de doutoramento ao abeiro do Real decreto 778/1998, do Real decreto 1393/2007 e do Real decreto 99/2011 admitidos en cursos anteriores. No curso académico 2015/2016 non se admitirán alumnos de inicio en programas rexidos polos Reais decretos 778/1998 e 1393/2007. O alumnado afectado pola disposición transitoria primeira.2 do Real decreto 99/2011 que non tivese presentado a tese no prazo establecido, causará baixa definitiva no programa e seralle de aplicación o disposto na Resolución Reitoral do 7 de xullo de 2015 pola que se regula o procedemento para posibilitar a adaptación dos/as estudantes de programas de doutoramento en extinción a programas de doutoramento regulados polo Real Decreto 99/2011. ARTIGO 2. REQUISITOS XERAIS DE ACCESO A UN PROGRAMA DE DOUTORAMENTO Os requisitos de acceso para o alumnado de inicio nos estudos de doutoramento regulados polo Real decreto 99/2011 serán os establecidos na normativa vixente e no Regulamento de estudos de doutoramento da UDC. 1/15
Son requisitos de acceso os seguintes: 2.1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de mestrado universitario, ou equivalente, sempre que se tivesen superado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas. 2.2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos: Estar en posesión dun título universitario oficial español, ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao mestrado de acordo co establecido no artigo 16 do Real decreto 1393/2007 e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de mestrado. Estar en posesión dun título oficial español de Graduado ou Graduada, cuxa duración, conforme a normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Os/as devanditos/as titulados/as deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de mestrado. Os/as titulados/as universitarios/as que, logo da obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde. Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que éste acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de mestrado universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o/a interesado/a nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de acceso a ensinos de Doutoramento. Estar en posesión doutro título español de doutor/a obtido conforme a anteriores ordenacións universitarias. 2.3. Os/as doutorandos/as que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme a anteriores ordenacións universitarias, poderán acceder ás ensinanzas de doutoramento, logo da súa admisión 2/15
de acordo con estas normas. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no Regulamento de estudos de doutoramento. 2.4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os/as licenciados/as, arquitectos/as ou enxeñeiros/as que estean en posesión do Diploma de Estudos Avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcanzasen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro. 2.5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licencidados/as, arquitectos/as ou enxeñeiros/as que estean en posesión dun título de mestrado oficial conforme ao Real decreto 56/2005 ou do Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010 ou superasen 60 ECTS de estudos de mestrado oficial. 2.6. Tamén poderán acceder aos estudos de doutoramento as persoas con titulacións anteriores ao Real Decreto 1393/2007, para as que se fará unha equivalencia de 60 créditos ECTS de nivel de mestrado de conformidade coas seguintes regras, aprobadas polo Consello de Goberno do 27 de febreiro de 2014: a) Un curso académico completo dun título universitario oficial español regulado por unha ordenación anterior ao RD 1393/2007 será considerado equivalente a 60 ECTS. b) No caso de ter cursada e superada unha titulación oficial española organizada en dous ciclos (primeiro e segundo ciclo) que, de acordo co apartado anterior, sexa equivalente a un mínimo de 300 ECTS, considerarase que 60 ECTS do segundo ciclo son de nivel de mestrado. c) No caso de ter cursada e superada unha titulación de segundo ciclo que non constitúa continuación directa dun correlativo primeiro ciclo, e que o conxunto de créditos cursados e superados de primeiro e segundo ciclo sexa equivalente a un mínimo de 300 ECTS, considerarase que 60 ECTS do segundo ciclo son de nivel de mestrado. d) Este recoñecemento de 60 ECTS de segundo ciclo como de nivel de mestrado referido nas liñas b) e c) só terá validez para os efectos de satisfacer os requisitos de acceso aos estudos de doutoramento da UDC, sen que supoña a adquisición de dereito algún sobre o título de mestrado universitario. e) Todo o anterior enténdese sen prexuízo do disposto no artigo 16 de Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade da Coruña no relativo a requisitos e criterios adicionais de admisión que poida establecer a comisión académica dun programa de doutoramento concreto, así como, se é o caso, o establecemento de complementos de formación específicos, tal e como se recolle no artigo 7 de RD 99/2011. 3/15
2.7. Tamén poderán acceder os/as diplomados/as, enxeñeiros/as técnicos/as ou arquitectos/as técnicos/as que acrediten ter superados 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, polo menos 60, terán que ser de nivel de mestrado universitario. ARTIGO 3. SOLICITUDE DE ADMISIÓN POR 1ª VEZ NUN PROGRAMA DE DOUTORAMENTO E DE AUTORIZACIÓN PARA A RENOVACIÓN DA MATRÍCULA 3.1.1. Solicitude de admisión nun programa de doutoramento: Poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento, nos prazos que están indicados no anexo I, as persoas que reúnan o/os requisito/s de acceso e admisión. A solicitude de novas admisións en programas de doutoramento do Real decreto 99/2011, realizarase a través da secretaría virtual, e achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos, diante das UADIs ( Unidades de apoio a departamentos e investigación) responsables da xestión do programa. Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico que induza a facer unha valoración de expediente incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula. Os/as estudantes poderán ser admitidos/as nun programa de doutoramento conforme aos criterios de selección dos programas, que poderán establecer requisitos e criterios adicionais para a selección e admisión a un concreto programa de doutoramento, sempre que se fixesen constar na memoria de verificación. A admisión tamén poderá incluír a esixencia de complementos de formación se así se fixese constar na memoria de verificación. A Comisión Académica de cada programa de doutoramento será a encargada da selección á vista das solicitudes presentas e elaborará as listaxes provisorias das persoas admitidas e excluídas (especificando o motivo da exclusión). De ser o caso, confeccionará unha listaxe de agarda. No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. Contra esta resolución os/as alumnos/as poderán presentar reclamacións diante das comisións académicas nos prazos sinalados para tal efecto. Unha vez resoltas, publicarase a lista definitiva de admitidos para realizar os estudos de doutoramento no curso académico 2015/2016. Contra esta resolución cabe interpoñer un recurso de alzada perante o reitor.
4/15
No caso do alumnado proveniente de estudos de sistemas educativos estranxeiros, que estea pendente da resolución reitoral de equivalencia dos estudos cursados e superados, deberá figurar esta circunstancia na proposta de admitidos no programa. As respectivas UADIs responsables da xestión académica dos programas de doutoramento e os/as coordinadores/as dos programas, unha vez publicadas as listas de persoas admitidas, introducirán as admisións na aplicación informática. Enviarase á Sección de Estudos de Doutoramento a documentación presentada polo alumnado debidamente cotexada, que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso para seren admitidos nun determinado programa de doutoramento. A documentación acreditativa de reunir os requisitos deberá dirixirse ao/á coordinador/a do programa de doutoramento e deberá conter necesariamente:
Copia do DNI ou pasaporte.
Copia cotexada dos títulos universitarios oficiais que dean acceso os estudos de doutoramento.
Certificación académica oficial dos estudos cursados.
De ser o caso, certificación do órgano competente de ter obtida a avaliación positiva de formación sanitaria especializada, polo menos de dous anos nun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidade en ciencias da saúde.
Ademais deberase achegar a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de admisión específicos do programa ao que pretendan acceder, caso de que así se recolla no plan de estudos, ou se esixa pola CAPD. Presentarase tamén aquela outra documentación xustificativa de méritos alegados, tendo en conta os criterios de admisión de cada programa. 3.1.2. Solicitude de admisión de alumnado cun título estranxeiro non homologado: No caso de alumnos/as que pretendan acceder a un programa de doutoramento e que estean en posesión dun título estranxeiro non homologado conforme a sistemas educativos alleos ao EEES, poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acrediten un nivel de formación equivalente a do título español de mestrado universitario oficial e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.
5/15
A admisión realizarase a través da secretaría virtual do estudante, e deben presentar xunto coa admisión unha “solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros” na UADI do centro. O alumnado poderá matricularse sen esperar a resolución de equivalencia pero a súa matrícula quedará condicionada a que esta sexa favorable. A solicitude de equivalencia aos correspondentes títulos españois, deberá dirixirse ao reitor da universidade e presentarase na UADI do centro ao que está adscrito o programa de doutoramento. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento emitirá un informe sobre a adecuación académica dos estudos cursados e tras considerar se acredita un nivel de formación equivalente ao de mestrado universitario informará sobre a posibilidade de acceso aos estudos de doutoramento correspondentes. Este informe remitirase á Sección de Estudos de Doutoramento xunto coa documentación presentada. Para os efectos de procedemento, a solicitude dirixida ao reitor deberá ir acompañada da documentación que se relaciona que deberá presentarse debidamente legalizada, ou coa Apostila da Haia. No caso de presentar os orixinais, a universidade quedará con copias cotexadas; para o caso de entrega de fotocopias sen ensinar os orixinais, estás deben de vir autentificadas polos servizos consulares ou embaixadas españolas e no caso de non ser o idioma de orixe calquera dos oficiais da UDC, deberase acompañar tamén unha tradución legalizada. Documentación que se debe de achegar coa solicitude de equivalencia: a) Título/s co/s que se accede ao doutoramento. b) Certificado académico no que consten as materias superadas, a carga horaria de cada unha delas e os períodos académicos cursados. Se o certificado expresa a carga horaria das materias en créditos, debe de acompañarse da equivalencia dos créditos a horas lectivas teóricas ou prácticas. c) Documento que acredite que o/s seu/s título/s facultan no país expedidor para o acceso aos estudos de doutoramento. d) Ter realizado o pagamento da taxa de solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros. 3.2. Autorización previa para a renovación da matrícula Os/as estudantes que xa foron admitidos/as en cursos anteriores nos estudos de doutoramento en programas a extinguir regulados por normativas anteriores ao Real decreto 99/2011, para poder renovar a matrícula neste curso académico na fase de elaboración da tese deben de presentar 6/15
dentro dos prazos establecidos no anexo I unha solicitude de renovación da inscrición diante do órgano responsable (Departamento ou Comisión Académica) para que autoricen a súa matrícula. ARTIGO 4. MATRÍCULA Poderán formalizar a matrícula a través da secretaría virtual, os/as alumnos/as admitidos/as pola comisión académica do programa de doutoramento nos prazos sinalados no anexo I seguindo o procedemento que se establece: 4.1. Matrícula do alumnado que inicia estudos de doutoramento en programas regulados polo Real decreto 99/2011. Deberán formalizar a matrícula de tutela académica, e de ser o caso, dos complementos de formación e/ou actividades formativas propias do programa de doutoramento acordados pola Comisión Académica correspondente no proceso de admisión, a través da secretaría virtual. A matrícula considerarase definitiva, unha vez comprobado que se reúnen os requisitos de acceso e a veracidade dos documentos declarados. Poderán realizar a matrícula a tempo completo ou a tempo parcial. Para esta última modalidade será requisito indispensable que sexa previamente outorgada esta condición pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento, tras acreditar que se atopan nalgún dos supostos que se enumeran no artigo 23 do Regulamento de estudos de doutoramento. 4.2. Matrícula do alumnado de continuación de estudos xa admitidos en cursos anteriores. 4.2.1. O alumnado que estea na etapa de tese nun programa de doutoramento regulado por ordenacións anteriores ao Real decreto 99/2011 e que non estea afectado pola transitoria primeira.2 do Real decreto 99/2011, deberá formalizar a súa matrícula de tutela académica durante todos os anos que dure a elaboración da tese (Acordo da Comisión de Doutoramento de 15 de outubro de 2012). Previamente deberán solicitar a autorización para a renovación da matrícula ante o órgano responsable do programa de doutoramento (Departamento ou UADI que corresponda). Os estudantes que non se teñan matriculado nalgún curso académico, salvo os casos previstos no artigo 27. Baixa temporal nun Programa de Doutoramento do Regulamento de estudos de doutoramento da UDC, deberán formalizar todas as matrículas pendentes dende o curso académico 2012‐2013 inclusive. 4.2.2. Todos os estudantes de programas de doutoramento regulados polo RD 99/2011, deberán matricularse con continuidade, desde a primeira matrícula nos estudos de doutoramento, cada curso académico e ata a defensa da tese. 7/15
No caso de que un doutorando non realice a matrícula anual nun curso académico, causará baixa definitiva no programa salvo nos casos previstos por baixa temporal. De querer realizar a matrícula a tempo parcial, é preciso solicitala cada curso académico á CAPD (Comisión académica do Programa de Doutoramento) para o que se achegarán os documentos xustificativos. 4.3. A matrícula nas actividades formativas a nivel de posgraos recollida no artigo 19.2 do Real decreto 1393/2007, e que, pola vía excepcional, darán acceso ao período de investigación dun determinado programa de doutoramento, realizarase segundo as normas que consten no documento de aprobación do programa de doutoramento. ARTIGO 5. SIMULTANEIDADE DA MATRÍCULA. Non será posible estar matriculado de tutela académica en dous programas de doutoramento de forma simultánea e para o mesmo curso académico. Non obstante aqueles alumnos que xa tiñan aprobado dous proxectos de tese en distintos programas de doutoramento poderán continuar cursando ambos ata a defensa dun dos proxectos. Para a simultaneidade da matrícula nun programa de doutoramento coa matrícula noutros estudos universitarios oficiais de grao e/ou mestrado estarase ao disposto no artigo 24 do Regulamento de estudos de doutoramento que establece un máximo de créditos de matrícula de 75 ou 90 ECTS, según os casos, e haberá de ser solicitada ao/á coordinador/a do programa de doutoramento. ARTIGO 6. PREZOS POR SERVIZOS ACADÉMICOS 6.1. Os/as alumnos/as que formalicen a súa matrícula en calquera dos programas de doutoramento da Universidade da Coruña, satisfarán os prezos públicos por servizos académicos que estableza o decreto da Xunta de Galicia polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2015/2016. 6.2. Teñen dereito a exención ou bonificación do pagamento de prezos públicos por matrícula nos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais de doutoramento para o curso 2015/2016 os casos que se sinalan a seguir: 6.2.1. Familias Numerosas: Os/as alumnos/as membros de familia numerosa de categoría xeral terán unha bonificación dun 50% nos prezos públicos de todas as tarifas do decreto da Xunta de Galicia, de acordo co que dispoñen o artigo 12.2.a) da Lei 40/2003 do 18 de novembro, que desenvolve o Real decreto 1621/2005, do 30 de decembro, e as Instrucións da Vicerreitoría de Organización Académica e Titulacións do 26 de febreiro de 2008. Os/as alumnos/as membros de
8/15
familias numerosas de categoría especial teñen dereito á exención total do pagamento dos prezos públicos de todas as tarifas mencionadas, de acordo coa normativa citada. Os/as beneficiarios/as do réxime de protección ás familias numerosas xeral e especial acreditarano mediante fotocopia do título de beneficiario ou renovación actualizada; en caso de necesidade deberá presentarse o documento orixinal, do que debe deixar constancia o persoal que efectuar a matrícula. 6.2.2. Os/as orfos/as de funcionarios civís e de militares que falecesen en acto de servizo terán dereito á exención do pagamento dos prezos públicos establecidos na tarifa primeira do decreto da Xunta de Galicia correspondentes á 1.ª matrícula, sempre que sexan persoas non emancipadas e menores de 25 anos. 6.2.3. Empregados Públicos: Teñen dereito á exención do pagamento de prezos públicos establecidos na tarifa primeira do decreto da Xunta de Galicia os/as alumnos/as aos que se lles recoñece o dereito a matrícula gratuíta na Resolución reitoral da Universidade da Coruña do 1 de xullo de 1998, pola que se regulan os supostos de matrícula gratuíta, modificada pola Resolución reitoral do 22 de xaneiro de 2009, e pola Resolución reitoral de 5 de xullo de 2011, nas condicións que nela se establecen. Os empregados públicos acreditarán esta circunstancia mediante certificación emitida pola universidade pública do SUG que corresponda. 6.2.4. Vítimas de actos terroristas: teñen dereito á exención do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos establecidos no decreto da Xunta de Galicia, agás os previstos na tarifa terceira, os/as alumnos/as vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos/as, de acordo co que está disposto na Lei 32/1999, de 8 de outubro, de solidariedade coas vítimas do terrorismo, modificada pola Lei 2/2003, de 12 de marzo, e na normativa que a desenvolve. A situación de vítima de actos terroristas quedará acreditada da seguinte forma: mediante o informe preceptivo do Ministerio do Interior, ou ben mediante o recoñecemento por parte da Administración Xeral do Estado de pensión extraordinaria por acto de terrorismo, ou por sentenza xudicial firme. 6.2.5. Persoas con discapacidade: teñen dereito á exención do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos establecidos no decreto da Xunta de Galicia, agás os previstos na tarifa terceira, de acordo co disposto na disposición adicional 24 da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, os/as alumnos/as que presenten a resolución expresa da Xunta de Galicia, ou da Seguridade Social, segundo o artigo 1 da Lei 51/2003, de 2 de decembro, e polo Real decreto 1414/2006, de 1 de decembro, sobre o 9/15
recoñecemento dun grao de discapacidade grave cuxa porcentaxe determinada sexa igual ou superior ao 33%. A situación de discapacidade quedará acreditada por Resolución expresa sobre o recoñecemento do grao de discapacidade emitida pola Xunta de Galicia segundo se establece no artigo 10 do Real decreto 1971/1999, BOE do 26 de xaneiro de 2000, ou emitida pola Seguridade Social segundo o artigo 1 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, e polo Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro. 6.2.6. Vítimas de violencia de xénero: teñen dereito á exención do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos establecidos no decreto da Xunta de Galicia, agás os previstos na tarifa terceira, os/as alumnos/as que sufran violencia de xénero. Tamén quedarán exentos no caso de seren os seus proxenitores os que a sufran, de acordo co establecido na Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. A situación de violencia de xénero quedará acreditada por calquera dos seguintes medios: Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autentificada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a persoa sufriu violencia de xénero. Certificación dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Calquera outro que se estableza regulamentariamente. 6.3. Pagamento dos prezos públicos de matrícula Os prezos públicos de matrícula, xunto cos correspondentes á apertura de expediente, expedición e mantemento de tarxeta, seguros, e de ser o caso taxa de tramitación, poden domiciliarse ou realizarse en efectivo.
10/15
6.3.1. Non se admitirán domiciliacións para o pagamento dos prezos públicos de matrícula alén do 2 de decembro do ano en curso. 6.3.2. De ter que realizar a matrícula en créditos que se correspondan co período de formación do doutoramento ou de complementos de formación, no momento de formalizar a súa matrícula, os/as alumnos/as poderán optar polo pagamento íntegro do importe que corresponda, ou polo pagamento fraccionado en catro prazos: un primeiro do 40%, un segundo do 30% , un terceiro do 20% e un cuarto dun 10%. 6.3.3. O pagamento da taxa de titoría anual realizarase polo importe íntegro nun único prazo. 6.3.4. Para o pagamento fraccionado, que só poderá ser en efectivo na entidade bancaria, realizaranse os pagos nos seguintes prazos: 1º prazo: nos 10 días naturais seguintes ao día de efectuar a matrícula. 2º prazo: entre os días 2 ao 12 de decembro de 2014, ambos os dous incluídos. 3º prazo: entre os días 3 ao 13 de febreiro de 2015, ambos os dous días incluídos. 4º prazo: entre os días 1 e 13 de abril de 2015, ambos os dous incluídos. De non facer efectivo o importe íntegro ou o importe do 1º prazo de matrícula nos prazos establecidos nos apartados anteriores, ou de non presentar aqueles documentos que acrediten o dereito de exención ou bonificación de prezos públicos, así como a autorización da domiciliación bancaria (no caso de que o alumno non conste como titular da conta) e outros documentos necesarios que sinale a Sección de Estudos de Doutoramento, no prazo común dos 10 días naturais seguintes ao día de efectuar a matrícula, sen ter efectuado ningún pago, terase á persoa interesada por desistida da súa solicitude de matrícula, e procederase de oficio, mediante resolución do/a Vicerreitor/a de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, dirixida ao/á interesado/a, a aceptar de plano a desistencia da solicitude da matrícula e declararase concluso o procedemento, de acordo co establecido nos artigos 90 e 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Establecerase unha recarga por un importe de 30 euros, en concepto de gastos de xestión e tramitación, no caso de existir atraso no pagamento dos prezos públicos que se deben satisfacer, así como no caso de reactivación da matrícula tras ser declarada en suspenso por falta de pagamento, sen prexuízo do que está disposto no artigo 9 da Resolución reitoral do 27 de abril de 2012, mediante a que se aproba o procedemento para a recadación de impagados por prezos públicos de matrícula.
11/15
No caso de ter efectuado o pagamento do 1º prazo, pero non os correspondentes aos 2º, 3º ou 4º prazos, a Sección de Estudos de Doutoramento, antes do 5 de xaneiro, antes do 2 de marzo, ou antes do 27 de abril respectivamente, seguirán o procedemento establecido no artigo 5 da Resolución reitoral do 27 de abril de 2012, mediante a que se aproba o procedemento para a recadación de impagados por prezos públicos de matrícula. 6.3.5. Para o pago íntegro en efectivo, no prazo común de 10 días naturais, deberán ingresar o importe da matrícula na entidade bancaria. 6.3.6. Os/as alumnos/as que están no período de elaboración, presentación e lectura da tese de doutoramento, deberán aboar ademais do seguro escolar (no caso de ser menor de 28 anos) o importe da tarxeta universitaria e mais a taxa por titoría anual de doutoramento. No caso de incorporarse por 1ª vez ao programa deberá aboar tamén as taxas de apertura de expediente. 6.3.7. De ter que matricularse de créditos dos complementos de formación específicos, aos efectos de prezos públicos, estes terán a consideración de créditos a nivel de doutoramento. 6.3.8. A matrícula na etapa de tese outorgaralles o dereito á tutela académica, á utilización dos recursos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo é a plenitude dos dereitos previstos pola normativa para o alumnado de doutoramento. 6.4. Os/as alumnos/as que posúan a condición de solicitantes de bolsa de estudos de doutoramento (FPI, FPU, bolseiros AECI ou MUTIS) poderán aprazar o pagamento do prezo da matrícula até que se resolva a súa petición, presentando o xustificante acreditativo da solicitude de bolsa sempre que o dereito á matrícula gratuíta figure explicitamente na convocatoria alegada, así como a compensación do importe á universidade. No suposto de o alumno ser solicitante ou beneficiario dunha bolsa distinta á que se refire no apartado anterior, para se acoller aos beneficios de exención de prezos públicos, este beneficio deberá figurar explicitamente na norma que publique a convocatoria alegada, así como a compensación do importe á universidade. Se o/a alumno/a fora beneficiario dalgunha exención ou bonificación deberao acreditar no momento de formalizar a matrícula. ARTIGO 7. SEGUROS Será obrigatorio o pagamento do seguro escolar para os alumnos españois, para os alumnos nacionais dos estados membros do EEES e para o resto dos estudantes estranxeiros residentes que formalicen a súa matrícula en estudos oficiais e sexan menores de 28 anos. 12/15
Os alumnos maiores de 28 anos teñen a obriga de subscribir o seguro que se indica no proceso de matrícula. Os estudantes menores de 28 anos poderán subscribir voluntariamente un seguro idéntico ao anterior como complemento do seguro escolar. ARTIGO 8. PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA O alumnado formalizará a súa matrícula no prazo que se establece no calendario de estudos de doutoramento, por medio da páxina web da Universidade da Coruña (www.udc.gal) a través da secretaría virtual da UDC. De optaren por realizar a súa matrícula de forma presencial na Sección de Estudos de Doutoramento (Pavillón Estudantil, Campus de Elviña) deberán aboar a taxa que corresponde por esa xestión. Deberase achegar á Sección de Estudos de Doutoramento a seguinte documentación no prazo de 10 días hábiles: Autorización da domiciliación bancaria, no caso de non constar como titular da conta bancaria. Xustificante de exención ou redución de prezos de matrícula, de ser o caso. Xustificante de solicitude de bolsa, de ser o caso. Xustificante de ter realizado o pagamento, caso de optar pola modalidade de pagamento en efectivo. ARTIGO 9. DESISTENCIA DE MATRÍCULA As solicitudes de desistencia total da matrícula, con dereito á devolución dos prezos públicos aboados, agás os correspondentes da tarifa terceira do Decreto da Xunta de Galicia, de títulos de secretaría, só se autorizarán de se solicitar como data tope o día 30 de novembro de 2015. Non obstante o prazo indicado no apartado precedente, o reitor poderá estimar en calquera momento a solicitude de desistencia total ou parcial da matrícula, coa devolución, no seu caso, dos prezos públicos aboados que corresponda e de ser o caso resolver a súa anulación, naquelas situacións en que concorreren circunstancias excepcionais debidamente motivadas polas persoas interesadas. 13/15
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
ARTIGO 10. PRAZOS
Os prazos de solicitud e de admisión nun determinado programa así como os de matrícula serán os que se establezan no Calendario de estudos de doutoramento aprobado polo Consello de Goberno da UDC (anexo 1). ARTIGO 11. DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA DE MATRíCULA
Ao abeiro do disposto no artigo 5 da Resolución do 16 de xaneiro de 2012, pola que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais da UDC e as competencias dos seus órganos directivos, facúltase ao Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías para ditar as resolucións e as instrucións precisas que aclararen, interpreten ou desenvolvan esta normativa académica, á que se lIes dará a publicidade necesaria nos taboleiros de anuncios dos centros universitarios, na web da Universidade da Coruña e naqueles outros lugares ou medios que se consideren oportunos.
A Coruña, 28 de xullo de 2015 O reitor P. delegación (Resolución reitoral do 16/02/2012)
Ricardo Cao Abad
14/15
Anexo I
Calendario de admisión e matrícula en estudos de doutoramento curso 20152016. Aprobado en Consello de Goberno do 28 de maio de 2015
1º PRAZO ORDINARIO 10 de agosto‐30 de setembro de 2015
Para todo o alumnado con acceso aos estudos de doutoramento. Solicitude de admisión a un programa de doutoramento: Alumnado que accede por primeira vez ao programa. Solicitude de renovación da inscrición nun programa de doutoramento: Alumnado de programas de regulacións anteriores ao RD 99/2011.
05 de outubro de 2015
Publicación pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) da listaxe provisional de alumnado admitido e excluído.
06‐08 de outubro de 2015
Reclamación á listaxe provisional.
13 de outubro de 2015
Publicación pola CAPD da listaxe definitiva de admitidos e excluídos. Comunicación da CAPD desta listaxe á Oficina de Doutoramento.
1430 de outubro de 2015
Matrícula (1º prazo ordinario).
30 de novembro de 2015
Fin do prazo para solicitar a anulación de matrícula con dereito a devolución dos prezos públicos ou taxas aboadas.
2º PRAZO ORDINARIO
Poderá solicitar a admisión e realizar a matrícula o alumnado con acceso aos estudos de doutoramento, sempre que queden prazas vacantes no programa.
17‐26 de febreiro de 2016
Solicitude de admisión a un programa de doutoramento: Alumnado que accede por primeira vez ao programa.
02 de marzo de 2016
Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e excluído.
03‐04 de marzo de 2016
Reclamación á listaxe provisional.
08 de marzo de 2016
Publicación pola CAPD da listaxe definitiva de admitidos e excluídos. Comunicación da CAPD desta listaxe á Oficina de Doutoramento.
0911 de marzo de 2016
Matrícula (2º prazo ordinario).
Solicitudes de admisión e renovación da inscrición e reclamacións: deberán ser dirixidas á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) / Consello de Departamento e presentadas na UADI (Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación) do centro. Publicación das listaxes provisoria e definitiva de alumnado admitido e excluído: no taboleiro de anuncios da UADI do centro e na páxina web do centro ou Programa de Doutoramento. Admisión/Renovación/Matrícula: farase a través da Secretaría Virtual no seguinte enlace:
Estudantado da UDC: https://matricula.udc.es/Secretaria/Login.asp
Estudantado externo á UDC: https://matricula.udc.es/LoginX/Login.asp 15/15