Ferramentas-Galiza
Brigadas Ferrolgrado
“
SUSO VAAMONDE
Xullo 2005
Cando me falan de España...”
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
H
ai uns anos, nunha mesa redonda ao redor da música galega, comentaba o Mini,
do grupo A Quenlla, que na Galiza habia grupos de abondo que facian boa música, mais que eran minoria os que puñan letras aos seus temas. Certo. Se lle engadimos letras comprometidas co seu tempo e a sua terra... aviados imos. Xa que hai moreas de excelentes músicos, el por que a meirande parte deles pechan as verbas nunha gaiola? Seica non hai nada que dicer? Afortunadamente algúns entenden a música como algo alén do simples purismo musical, teñen na música unha ferramenta de luita. Luita por este País, luita Internacionalista, luita polas clases traballadoras... O Suso era un destes. Abofé que o era. Dicia-o el, cantaba-o, tomando emprestado un poema de Manuel Rodríguez López: ¿Pra que vou a cantar do burgués larpeiradas, enchentas e frores? ¿Cómo pode empolar o meu peito unha cántiga ollando mil dores? Mariñeiros que engulen os mares silicosos mariñeiros que morren picariños que están sin escola sen futuro, sen xeito e sin norte. ¿Con que liras pregades que eu cante cando todos están desacordes? Ergo os ollos o vexo manobras a xantar, sen compango e sen postres enzoufados no chan, pra seguir traballando sen folgo hastra a noite. Nas mañás o arrabal formiguea entramentras o rico ainda dorme no taller un cronómetro fai asañoso teimudos controles. Cal becerros na feira do quince en camiós i autobuses os homes saen das frábicas, mentralos xefes ruben fonchos nos rápidos coches. Hai escravos que sirven ós ricos dende a ialba fozando hastra a noite. ¿Como poide empolar o meu peito unha cántiga ollando mil dores? Que tristura o vivir dos obreiros Que de aldraxes esmagan ós probes. egareime a cantar e rezar mentras haxa quen xure o quen chore.i
BB.FF.
Páxina 2 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
Xa que logo, temos a un músico que se define, que dá un paso adiante e toma partido. Todo un exemplo nestes tempos onde, xa non só os poderosos, senón os revisionistas de calquer pelexo (ou non son os mesmos?) contan-nos que a história xa finou, que non é tempo de luita, que xa non hai clases, que quedemos quedos mentres eles miran polo noso ben mentres comparten moqueta cos que nos explotan. Tempos onde o individualismo, o liberalismo, acadan cumes nunca vistos. Bos tempos para a lírica valeira de contido. Mais sigamos co Suso.
A finais do ano 1950, na aldea de Regodobargo (Pontecaldelas), nace Suso Vaamonde, o fillo da mestra, como o coñecian os seus viciños. Desde ben cedo comeza a sua relazón coa música. Ainda rapaz xa compón e vai a aulas de música en Vigo. A sua vida estivo ligada á musica, desde os seus comezos na cena roqueira viguesa, formando parte dos grupos Os Copens e Marco Balorento, até os muitos anos de carreira solitária, pasando polo movimento musical Voces Ceibes. Alí onde houber unha luita por unha xusta causa podias atopar a Suso. Cunha guitarra, coa sua voz grave e cos versos máis comprometidos dos poetas galegos. Foi Suso un dos máximos propagadores da poesia galega entre a xente, popularizando poemas que hoxe xa son hinos dunha boa parte da povoazón galega. A lista é longa: Castelao, Rosalia, Curros, Brañas, Celso Emílio Ferreiro, Méndez Ferrín, Uxio Novoneyra, Bernardino Graña, Neira Vilas, Manuel Maria, Ramón Cabanillas, Bouza Brey, Blanco Torres, Avelino Abuín de Tembra, Iglesia Alvariño, Eusebio Lorenzo, Miguel Blanco, Añón Paz, Manuel de Dios, Lamas Carvajal ... Poemas que non só percorreron os cenários da Galiza, senón que tamén tiverom público en Portugal, Franza, Suiza, Alemaña, Inglaterra, Argentina, Venezuela...
BB.FF.
Páxina 3 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
Cantou aos emigrantes: Sol que alumea as treboas dos fondos sofrimentos voz que doutros espacios nos ven eiquí a falar. Na múseca dos soutos no sospirar dos ventos no marmurar dos ríos e no muxir do mar. Por eso en longas terras de coitas e de dores os fillos de Galicia morrendo tristes van. Tomade acó emigrantes voltade a vosa terra que a nosa Patria berra hai tanto que arranxar. Facer ao escravo libre votar da casa a fame que o que traballa gane que todos teñan pan. Que o trigo encha as artesas que fuxan os doores que non haxa señores que veña a libertá. Quen dixo que era probe a rica Terra nosa quen dixo que saudosa quen tanta crueldá. A nosa Terra é nosa a nosa espranza é nosa compre facer xusticia xa é hora de falar. Galicia nome santo que dixen con ledicia de neno e que hoxe lembro co lume da pasión. Cando morrer eu vaia o nome de Galicia direino misturado co nome do meu Dios.ii
BB.FF.
Páxina 4 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
Cantou a luitadores como o Che: O bravo cóndor andino pergunta por seu irmán. Triste yanqui zugapovos, lurpio, voraz Tio Sam, dime que foi, que fixeche do arriscado capitán. Torvo xeneral Barrientos, fociño de lubicán, dime que foi, que fixeche do arriscado capitán. Duro soldado sumido nunha noite de alquitrán, dime que foi, que fixeche do arriscado capitán. Manso aborixen que morres sin defender o teu pan, dime que foi, que fixeche do arriscado capitán. Sementárono no vento cunha chaga en cada man, mais as mapoulas do abrente axiña frolecerán.iii
BB.FF.
Páxina 5 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
Cantou a Castelao: Compañeiro Daniel de vida innumerable como os astros do ceo i os camiños do mar na tenebrosa noite da patria inhabitable témoste no recordo con mao á luz alba. A ti falo Daniel morto lonxe da terra es noso i a túa luz alumea a escuridá que nos deixou a historia de tres anos de guerra en que os lobos mataron a luz e libertá. Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban i enloitaron cunetas con sangue loitador as pistolas sonaban i os banbidos berraban a terrible victoria do odio e do terror. E ti fúcheste lonxe predicar no deserto pra erguerdes un exército que endexamais loitou e morriches un día sin veres entreaberto o camiño da volta que a túa alma soñou. Pro na Patria abatida e do pobo explotado nacimos nós os fillos da morte e do tristén percurando furiosos vinganza e novo Estado i unha roxa alborada sin cabo nin comén. I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe matou desesperado na outra banda do mar prometémosche a terra dunha Galicia ceibe pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.iv
BB.FF.
Páxina 6 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
Cantou aos represaliados: Eu conocín o crime unha mañán Cor ten a miña magoa de sangue humán Soio nubes e combo o presenciaron Xiau Grimau irmán che asesiñaron. Xa non nasce na terra Ni un pensamento Que non leve o teu nome Do corpo dentro, Da dor da miña terra nasce o meu canto Cordas da miña guitarra Sodes compañeiras do noso pranto. Nacerá millo novo antre besana A razón foi de novo pisoteada Mais a pesar de todo sei que un día Estarás entre nós como querias. Eu conocín o crime unha mañán Cor ten a miña magoa de sangue humán Soio nubes e combo o presenciaron Xiau Grimau irmá che asesiñaron. Moncho Reboiras, irmán che asesiñaron. Xosé Baena, irmán che asesiñaron Salvador Puch, irmán che asesiñaron Garmendia, meu irmán che asesiñaron Otegui, meu irmán, che asesiñaron Raimundo patiño, irmán che asesiñaron.v
BB.FF.
Páxina 7 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
E, mádia leva!, cantou-lle a Galiza: Detrás de cada home está oubeando un lobo. Un lobo que te come e ten comesto ó pobo. Canto pode sofrirse telo xa ben sofrido pro non hai que abatirse nin darse por vencido. Canto pode chorarse, telo xa ben chorado pro non hai que calarse, nin sentirse abafado. Canto pode perderse, telo xa ben perdido. Pro non hai que doerse nin rosmar un laído. Podes todo ganalo si despertas e loitas. Co corazón che falo galego que me escoitas. A túa hora é esta: colle a fouce, meu pobo ergue a testa, protesta, e dempóis mata o lobovi
O seu forte compromiso levou-no primeiro ao exílio e despois ao cárcere. En 1980 foi condenado por “inxúrias á Pátria con publicidade” a seis anos e un dia de prisión. Os feitos sucederon un ano antes, nun recital antinuclear na pontevedresa Praza da Ferreria. Mentres cantaba o seu coñecido tema “Uah!” engade unha estrofa máis: Cando me falan de España sempre teño unha disputa que se España é miña nai eu son un fillo de puta.
Diante desta condena, prefire o camiño do exílio, que o leva por Portugal, Inglaterra, Alemaña para, finalmente, afincar-se en Venezuela. Foron muitos os artistas que lle brindaron o seu apóio e solidariedade, especialmente desde Portugal: Zeca Afonso, José Mário Branco, Fausto, Adriano Correia de Oliveira,... Após catro anos, decide entregar-se, e pasa 46 dias no cárcere de Ourense, até que chega o seu indulto. Como mostra do seu carácter, unha vez livre, volta ao cárcere para oferecer un concerto aos seus antigos compañeiros. Tan só dous meses antes da sua morte, recebe unha grande manifestazón de recoñecimento e cariño por parte de máis de 3000 persoas que inzan o pavillón de Salvaterra do Miño, nun acto organizado pola Sociedade Cultural e Recreativa do Condado e que contou coa participazón de artistas como Uxía Senlle, Emílio Cao, Maria Manuela, A Quenlla, Saraibas, ... Co canto do Hino Nacional, guindaron as suas cinsas ás augas do rio Oitavén. Nese lugar pode-se ver unha placa comemorativa, na que destaca a nosa bandeira gravada.
BB.FF.
Páxina 8 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
FALA SUSO VAAMODE Recollemos unha entrevista con Suso feita por Arantxa Estévez e publicada por Cadernos A Nosa Terravii Vostede entra na música de forma individual? Empecei na música como todos os rapaces da miña xeración, tocando á guitarra con doce ou trece anos por culpa dos Beatles. O éxito de temas como She loves you estivo moi relacionado con que os mozos collesen as guitarras e se xuntasen con catro amigos a tocar. Nos anos 60, nunha cidade como Vigo habia unha morea de grupos: Os Cirios, Os Santos, Os SM, Os Temples, Os Dedo, etc. Con outros rapaces, fixen un grupo chamado Os Copens, palabra sacada das iniciais dos nosos nomes. tocamos en catro guateques. A finais dos 60 coñecín a un mozo, Xan Bouzada, para argallar un grupo galego porque eu xa tiña composta algunha canción. Daí nasceu Marco Balorento. No Dia das Letras Galegas de 1967 estaba prevista unha actuación de Voces Ceibes no Teatro Garcia Barbón que, despois, suspendeuse por orde governativa. Ao tempo, o meu grupo ia desfacéndose: un dos membros marchara para Madrid e a outro entroulle medo. Acababan de deter a Benedito e tiña medo da policia. Como xa tiña feito actuacións con Moscoso, un dia nun colóquio peruntáronlle quen eran Voces Ceibes e el incluiume na lista. Cal era o panorama da música popular naquel momento? A canción de autor estaba en todas partes: nos Estados Unidos estaba Bob Dylan ou Joan Baez; en Castela, Julia León; en Catalunya, Joan Manuel Serrat ou Guillermina Motta; Menese no flamenco. Quero dicer que era un fenómeno xeral. Na Galiza, estaban Xavier e Benedito, que coñeceron a Moscoso e a Guillermo. Daquela Miro andaba por Barcelona cantando en galego. En Ferrol, estaba un rapaz chamado Tino e por Vigo andaba eu. Ademais, estaban xermolando grupos que querian facer canción en galego. Empezando os 70, xurdiron Fuxan os Ventos, cuxo primeiro nome foi Fol 72, polo ano do nacemento. Cando gañaron o prémio do Festival de San Lucas de Mondoñedo coa canción Fuxan os Ventos, foi cando cambiaron o nome. Milladoiro chamabanse Roi Xordo e acompañaban a Pilocha. Antón Seoane, un dos seus membros, era cantautor como Rodrigo Romaní. Ambos, que tiñan a teima da música instrumental, foron os responsábeis do disco que se chamou Milladoiro, no que colaborou Pepe Ferreiros, que estaba nun grupo de gaitas. O grande éxito que tiveron levounos a cambiar o nome. Estabamos na metade dos anos stenta e xa habia unha morea de grupos preocupados pola música popular ainda que o momento de maior éxito ainda estaba por chegar. Lémbrome dun festival no Grove que se levou a cabo durante tres anos polo que coñecín a un grupo da Coruña chamado Verbas xeitosas, onde tamén vin por primeira vez a Xocaloma ou a Xuntanza. Paralelamente estaba Jei Noguerol en Lugo e Luis Olivares, catalán, que cantaba en galego. O panorama estaba ben cheo de xente. Axiña as discográficas comezaron a interesarse pola música popular.
BB.FF.
Páxina 9 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
Como se deu aquel interese das discográficas de fora? Hai empresários que tiveron moi boa vista como no caso de Edigasa, de Catalunya, que se deron conta que facer discos en catalán podia ser rendábel. Despois, ao ver que o fenómeno se daba na Galiza e que aquí non habia quen fixese discos, decidiron gravalos eles, como os de Voces Ceibes. Fóronse vendendo de man en man porque aquilo nas tendas asustaba un pouco ainda que pasasen os pertinentes permisos legais. Habia, ademais, outras empresas como Fonomusic, que trouxeron ao Estado, primeiro, música latinoamericana e gravaron a cantantes como Labordeta ou Llach. Agora publican a xeito de enciclopédia todos os discos que fixeron e pode verse que esta empresa recolleu moita da música de autor que se facia. Ao mesmo tempo graváronlle un disco en directo a Llach en Barcelona, a Labordeta en Aragón e a min na Galiza, desprazando unha equipa até aquí. Foi o meu primeiro disco, no ano 1977. Outras casas déronse conta que habia mercado na Galiza e criáronse selos como Abrente ou Limoeiro. Do ano 1975 ao 1980 a música galega momento. As actuacións estaban cheas habia contratacións e os discos fácil porque habia menos oferta. Hoxe, regalar un disco, chegas a unha tenda e escoller.
estaba no seu mellor de público, sempre vendíanse. Era máis se tes mil pesos e queres tes cuarenta mil para
Cantar por cantar Cal era o obxectivo que se perseguia galega?
daquela na música
No meu caso, simplesmente cantar en galego. Púñalle música aos poemas que me gostaban e, cando me dei conta, xa tiña un repertório feito. Queria textos xeitosos, con base. Teño moitas letras feitas pero sempre reitero que na Galiza temos os mellores letristas. No ano no que se lle adicaron as Letras Galegas a Celso Emílio Ferreiro, estiven dando charlas sobre a sua poesia e a música galega. Era surprendente descobrir como tiña case douscentos poemas musicalizados. Non creo que haxa un poeta no mundo con esa característica. Curros Enríquez ou Bernardiño Graña son outros exemplos de letristas. Póndolles música fáiselles unha leitura nova e nascen as cancións. A min non me atrae facer maravillas con cuarenta músicos; o que quero é traballar do xeito máis simples sempre pensando no directo. Probabelmente isto resposta a que eu nunca me formulei viver da música porque sei que é moi difícil. Non quero ser un profisional do canto, só facelo o mellor que podo. Daquela non habia máis ambición que cantar, ninguén pensaba viver da música nen vender discos no estranxeiro. Era como un deber. O dos discos era un soño. Dicáinnos que eramos maos e que lle iamos facer? Non partiamos da experiéncia senón da vontade. Hoxe vas ao festival de bandas de música e comporbas que hai centos de rapaces moi preparados, que estudan durante anos. O popular era tamén clandestino. Naqueles anos, a música galega era completamente clandestina. Habia que apresentar as letras para as actuacións e case sempre che denegaban todo porque o que buscaban
BB.FF.
Páxina 10 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
claramente era que non se celebrasen concertos. Era unha roda na que participaban desde un médico que falaba de hixiene sexual nos anos sesenta, un profsor que daba unha conferéncia sobre libros, un rapaz que recitaba poemas, etc. Pouco a pouco facendo país. chegaba un panfleto, liámolo e pasabámolo a outra persoa. na transición, cambiou a situación porque a xente tiña fame de todo, nomeadamente da música popular. Até os anos 80, as festas contaban con todos estes músicos que, coma min, crian que cantar en galego é importantísimo. O mellor momento musical coincide coa transición; a análise ten que ir parella. A xente sai á rua a reivindicar e descobre todo o que era clandestino, como a música. En 1978, fixen 80 actuacións en 90 dias. O 17 de Maio, ás once de mañá cantei para rapaces no pavillón de deportes de Lugo; á unha nun coléxio de Melide; ás tres en Taragoña; entre cinco e seis, en Castrelos, en Vigo, e ás nove da noite en Ourense. Como a min, pasáballe a outros porque habia fame desa música. Lembro unha actuación en Pontevedra, na Alameda, na que se reuniron unhas dez mil persoas. Os nosos discos ainda estaban empezando a sair nese momento. Eran tempos de mitins políticos e de manifestaciós. A música galega tamén tivo unha forte identificación política. En parte explícase polas próprias simpatias políticas dos músicos ainda que non todos militasen en organizacións. O que si é certo é que todos os que faciamos música en galego eramos xente concienciada. Un mitin podia resultar aborrido pero chamaba máis cunha festa na que houbese actuacións. Lembro un mitin de Unidade Galega con Fuxan os Ventos e mais eu que foi inesquecíbel pola cantidade de xente que se reunia. Ninguén nos facia cambiar de repertório porque tiñamos unha liña clara e coerente no noso traballo. Que claves explican o esgotamento dese bon momento musical? Houbo xente que quedou no camiño porque así o decidiron. Voces Ceibes desfixéronse en 1974. Fuxan os Ventos continuaron e racharon, máis tarde, en dous orixinando A Quenlla, que vai polo quinto disco. Emílio Cao non estaba parado pero salta á actualidade co seu último traballo. O que quero dicer é que hai moita xente que non sai á luz pero continua traballando, non desapareceu. si é certo que houbo cansazo. Eu continuo a cantar porque non teño que comer disto. Daquela claro que convocabamos a moreas de xente pero é que eramos Fuxan, A Roda, Xocaloma, Cao e pouco máis. Até estabamos de moda entre as comisións de festas patronais. Infraestrutura discográfica Desde o ponte de vista das casas de discos cre nas posibilidades da música galega? O problema é o de calquer sector: hai que vender. Mentres a xente merque discos, as empresas van arriscar. Se as previsións son moi boas, pode haber unha produción grandiosa. Na Galiza movémonos en cantidades pequenas e as empresas actuan en consecuéncia. Non hai venda masiva, agás en casos como o de Carlos Núñez, pero hai que ter en conta que aí entra un mercado máis amplo que trascende Galiza. Hai grupos que colaboran na produción aportando cartos ou que se encarregan eles mesmos de vender o produto. Non se pode gastar moitos cartos en promoción senón se gastan na produción. Hai que ir ao ponto de venda e convencer. Pero para iso tamén é preciso que os meios de comunicación locais se impliquen e pinchen ese disco. Na Galiza, a promoción ten que funcionar dese xeito. É un proceso difícil porque hai mil discos con
BB.FF.
Páxina 11 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
grandes campañas detrás. A venda de discos de música galega é importante no verán e no Nadal porque veñen os emigrantes que osn un colectivo moi interesado en todo o que sai. Mercan de dez en dez para levar. Hai infraestruturas para gravar música popular galega? Si, hai desde estúdos até distribuidoras. Quizais, se se rematase coa dispersión poderian funcionar mellor. Sei que agora é unha utopia pero se houbese unha canle distribuidora forte, poderia difundirse toda a música aforrando cartos e esforzos acadando máis efectividade. Penso que seria unha solución a estudar que evitaria que os vendedores tivesen que percorrer toda Galiza cunha pequena carteira de discos.
BB.FF.
Páxina 12 -- Xullo 2005
Suso Vaamonde: “Cando me falan de España...”
i
0egareime, do disco Limiar. Terra, do disco in rosmar un laído. Letra de Valentín Lamas Carvajal. iii Anaina para o Che Guevara, do disco Celso Emílio Ferreiro na voz de Suso Vaamonde. Letra de Celso E. Ferreiro iv Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, do disco in rosmar un laído. Letra de Dario Xohán Cabana. v Compañeiros, do disco Loitando. Letra Suso Vaamonde. vi Derradeira vontade de Fuco Buxán, do disco Loitando e in rosmar un laído. Letra de Celso E. Ferreiro. vii Cadernos A 0osa Terra, de pensamento e cultura: Cancións para todos nós. Crónicas de 30 anos de música galega. Decembro. 1996. ii
BB.FF.
Páxina 13 -- Xullo 2005